Valores PDF Imprimir Correo electrónico

Obxectivo Xeral

Potenciar a fraternidade nos nosos centros calasancios, presentando a toda a comunidade educativa unha proposta de sentido e de vida que nos leve a un compromiso solidario para a construción dun mundo máis xusto desde os valores evanxélicos.

Lema e Valores

Para ó curso 16-17 "Benvido a casa"

- Tomar conciencia de que somos parte da Creación.

- Recoñecer que a Creación é un agasallo de Deus para nós.

- Coidar e respetar a dignidade de toda persoa.

- Responsabilizarnos do coidado e ordenación da Creación.

ANEXO_1_imagen_lema_Small

 

Lembramos a nosa misión, visión e valores...

Os nosos centros calasancios fundaméntanse no estilo educativo e valores que nos transmitiu o noso Fundador, P. Faustino Míguez, orientados á formación integral da persoa baixo o lema:

PIEDADE e LETRAS = FE e CULTURA


A nosa Institución nace por mor das necesidades educativas das mulleres de finais do século XIX. Un home, o P. Faustino Míguez, soubo ver a falta de formación da muller naquela época e reúne un grupo de mozas que se senten identificadas ca misión educativa, creando a congregación de Religiosas Calasancias Hijas de la Divina Pastora, para dedicarse á educación segundo o espírito e o estilo pedagóxico de Xosé de Calasanz.
Hoxe seguimos dando resposta ás necesidades da nosa sociedade por medio dunha formación académica e cristiá que demandan moitas familias.

A Escola Calasancia, desde unha escala de valores evanxélicos:

  • Axuda a descubrir as posibilidades físicas, intelectuais, afectivas, so-ciais, morais e relixiosas dos alumnos.
  • Educa para a responsabilidade persoal e colectiva, o sentido do deber, a toma de conciencia acerca das inxustizas sociais e o compromiso a favor dunha sociedade máis xusta e fraterna.
  • Promove unha educación para a liberdade de xeito que os alumnos sexan capaces de facer opcións libres e responsables, fomentando o respecto á liberdade dos demais.
  • Potencia o desenvolvemento harmónico da dimensión ética e trans-cendente do alumno desde unha concepción cristiá da vida.


Por todo iso, podemos dicir que a nosa misión consiste en proporcionar unha educación baseada en criterios evanxélicos, que atenda de maneira equilibrada as dimensións que interveñen na formación da personalidade e do desenvolvemento integral e harmónico dos nenos e mozos: dimensión afectiva, so-cial, intelectual, corporal, moral e transcendente.

Queremos:

  • Proporcionar a mellor formación académica, humana e cristiá e, ó mesmo tempo, intentamos que os alumnos se vaian do colexio sen-tíndose identificados co carisma calasancio.
  • Colaborar estreitamente cas familias, ofrecéndolles ferramentas para afrontar os retos que supón a educación dos seus fillos.
  • Dar unha resposta adecuada ás necesidades dos nosos alumnos.


E desexamos ser percibidos como un colexio plural, aberto e cercano á realidade social do noso entorno.

Contamos con:

  • Un equipo de profesores vocacionados e entusiastas, en constante formación e entregados a súa misión educativa.
  • O trato cercano cas familias e os alumnos.
  • A continuidade do proxecto calasancio, que se observa na presenza de fillos de antigos alum-nos e profesores ex-alumnos.
  • Os recursos materiais necesarios para impartir unha educación de calidade.
  • O carácter de centro relixioso privado-concertado.
  • O sentido de protección e seguridade que se percibe nos nosos centros.


Para asegurar o cumprimento de toda a normativa vixente e involucrarnos nun ciclo de mellora continua, os nosos centros teñen implantados un sistema de xestión de calidade baseado na Norma ISO 9001:2000 e requisitos educativos


Aspectos a potenciar


  • Seguir impulsando a dinamización dos Equipos Di-rectivos, principais motores e impulsores de toda a acción educativa calasancia.

Accións

  1. Asistencia de dous membros dos Equipos Directivos máis as Directoras ó X Congreso de Educación, organizado por Escuelas Católicas Nacional (Toledo).
  2. Participación dos Equipos Directivos de Galicia en dúas xornadas formativas no 2º e 3º trimestres (Dorrón).
  3. Reunión dos Equipos Directivos para avaliar o curso 2009-2010 (Dorrón).


  • Impulsar e apoiar os Departamentos de Orientación.

Accións

  1. Asistencia dos coordinadores de Orientación á xor-nada anual que organiza Escuelas Católicas (Madrid).
  2. Reunións dos membros dos Departamentos de Orientación para intercambiar materiais e unificar criterios (Dorrón).


  • Seguir favorecendo e animando a formación continua do profesorado.

Accións

  1. Asistencia ó Curso “Hábitos para desarrollar la conciencia social”, correspondente á Modalidade de Cooperación do proxecto de Misión Compartida, no mes de setembro. Este curso terá a súa continuidade no 2º trimestre, nunha xornada de convivencia de claustros.
  2. Participación nos cursos que o colexio ou a Provincia de Galicia organicen ó longo do curso 2009-2010.
  3. Realización dun curso anual –como mínimo– de ma-neira individual, relacionado ca propia especialidade .
  4. Participación voluntaria no Grupo de Reflexión para quen desexe un momento de tranquilidade, oración e formación bíblica (unha vez ó mes).


  • Seguir promovendo a cultura vocacional que favoreza na comunidade educativa unha resposta clara ó proxecto de Deus neste mundo.


Accións

  1. Presentación do itinerario vocacional, elaborado polo Secretariado de Pastoral, ós claustros e axentes de Pastoral.


  • Seguir potenciando o espírito misioneiro calasancio e espertar a sensibilidade ante os máis desfavorecidos.

Accións

  1. Presentación do Voluntariado Misioneiro Calasancio ós claustros de profesores, ós axentes de Pastoral e ós alumnos de 4º ESO e Bacharelato.
  2. Colaboración cun proxecto de Nicaragua como cen-tro educativo.
  3. Realización dalgunha acción social por aula que se presentará o Día da Paz.


  • Seguir motivando a participación das familias na vida do centro, pois son corresponsables no mantemento do Carácter Propio e na realización do Proxecto Educativo (PEIC, 30).

Accións

  1. Entrevistas persoais unha vez ó trimestre ca familia dos titorandos.
  2. Reunións informativas de inicio de curso por grupos do titor/a cas familias e outras que se consideren oportunas.
  3. Reunións formativas, talleres, escolas de pais… se-gundo se vexan as posibilidades en cada centro.

Mandamentos do educador

  1. Amarás ó alumno sobre tódalas cousas. Amaralo e atenderalo por riba de tódalas programacións, resultados, notas e normas.
  2. Non tomarás o nome do alumno en van. Non falarás de el innecesaria-mente. E, cando sexa necesario, faralo sempre con respecto, sen burlas nin ironías.
  3. Santificarás as festas. Non porás excesivos deberes e tarefas para so fins de semana e as vacacións. Non levarás para a casa excesivos exercicios para corrixir. Tanto ti como os teus alumnos precisades o descanso para reemprender a tarefa con ilusión.
  4. Honrarás a seu pai e a súa nai. Sempre falarás deles con respecto. E con respecto trataralos, aínda que cando os coñezas poidas entender moitas cousas das carencias do seu fillo.
  5. Non matarás gratuitamente as súas ilusións. Aínda que forma parte da túa tarefa ensinarlle a ser realista, a coñece-las súas propias limitacións, sempre o animarás e intentarás recordarlle canto de positivo hai nel.
  6. Non cometerás actos impuros. Xamais te moverá outro interese que non sexa o ben persoal do alumno, a súa formación e felicidade.
  7. Non roubarás. Será xusto ó avalialo: nunca o privarás de nada que non acadase co seu esforzo, e tampouco lle regalarás nada polo que non loitase con interese.
  8. Non darás falsa testemuña nin mentirás. Traballarás por facer da túa vida unha testemuña auténtica das túas ensinanzas. Cumprirás a palabra dada a cada alumno. Non lles ocultarás a verdade para encubrir os teus erros.
  9. Non consentirás pensamentos nin desexos impuros. Intentarás pensar sempre ben de cada alumno. Non o culpes se non podes demostrar que é culpable. procurarás descubrir o bo que hai nel.
  10. Non cobizara-los bens alleos. Cada alumno é dono da súa vida. Oriéntao pero non trates de dirixilo. E non busques o recoñecemento do teu labor. Se está ben feito, xa será a túa recompensa.
 
Jueves, 14 Dic 2017

Online

Tenemos 12 invitados conectado
Loading...
Diciembre 2017
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

Legislación

Pensamientos del BFM

pensamientos
"Mi felicidad consiste en que los demás sean felices. Un buen corazón prefiere dar a recibir". Beato Faustino Míguez